Ola mundo

Non hai niqab que cubra as curvas que cimbran coas airexas, que enloite con vergoñas o rubor florecido dos ovarios, só a fotosíntese que bebe dos cálices dos campos cos seus matices de recendos e luxuria. No bordel da terra, que se anuncia á beira das estradas en neons de primavera.